"Abanqueiro"
Hai moitas teorías que explican a orixe do nome de Abanqueiro. Unha das máis coñecidas é a que di que Abanqueiro era un importante criadeiro de Ostras, onde xa os Austrias acudían a saborear este molusco; así, o nome de Abanqueiro crese que probén de "banco de ostras".
¿Onde está Abanqueiro?
Abanqueiro é unha pequena poboación do Concello de Boiro (A Coruña), nesta parroquia atopamos varias aldeas, entre elas: Exipto (onde está o noso centro escolar), Aldeagrande, Triñáns, Graso, San Martín, Chazo. Os habitantes da parroquia de Abanqueiro rondan os 4.000.
¿Como chego a Abanqueiro?
Dende Santiago de Compostela debemos coller a N-550 dirección Padrón. Tamén podemos ir a Padrón pola autopista.
En Padrón, dirixímonos pola Vía Rápida (agora en obras) dirección Riveira, collendo a saída número 24.
Cando estemos chegando a Boiro, atoparémonos cunha primeira rotonda, na que temos que seguir rectos; volvemos a atoparnos con outra rotonda, onde colleremos cara á esquerda, para incorporarse a unha longa recta, que nos levará ata Abanqueiro.
En todo caso, fíxate nas rotondas da rúa principal de Boiro (Avenida da Constitución) porque atoparás un indicador que informa da dirección ata Abanqueiro.
Hai aproximadamente uns 45 Kms dende Santiago ata Abanqueiro.
¿E como chego ó Colexio?
Pois temos que seguir o desvío que collemos ata Abanqueiro, e cando nos atopemos cun cruce en forma de Y que ademáis está nunha curva, collemos a bifurcación cara á dereita. Uns metros adiante veremos un pequeno parque infantil con unha fonte e unha especie de pirámide de pedra. Collemos xusto o camiño que hai despois á dereita, e xa estamos.

Entorno:
Abanqueiro conta con un entorno natural excelente. O propio centro ten unha zona de bosque moi extensa, onde podemos atopar unha gran variedade de vexetación e árbores.
A praia de Mañóns e outro fermoso lugar de visita, cun bonito areal e con unha zona de piñeiros.
E non podemos esquece-la Charca de AbanqueiroPequeno ecosistema de abundante fauna e flora. En época de choivas a súa lonxitude máxima acada os 200 m. e unha anchura de entre 60 e 180 m. Nalgunhas épocas do ano podemos aprecia-la hibernación de aves acuáticas e os seus lugares de anidamento e cría. Atópase a escasos metros co CEIP Abanqueiro.
, un expléndido humedal de obrigada visita para todo visitante que guste da natureza.
Sobre este humedal podemos atopar información en varias publicacións.
Polo tanto, o senderismo e as visitas a pé son unha boa opción en Abanqueiro.
O Castro de NeixónNa parroquia de Cespón, en Nine, atópase o Castro de Neixón. O conxunto está formado polos chamados Castro Pequeno e Castro Grande, e unha muralla que ten máis de 2.500 anos. Estes dous castros son de tipo costeiro e nas diferentes escavacións realizadas na zona atopáronse interesantes restos. Aproveitando o entorno do Castro, construíuse os arredores o Centro Arequeolóxico do Barbanza, en donde se expoñen (entre outras temáticas) as explicacións e informacións referentes ó Castro.
, moi coñecido na zona, é tamén un lugar recomendable.
Abanqueiro e os seus arredores contan cunha extensa lista de lugares de interese para visitar:
- Igrexa Parroquial de San CristoboPresenta nave e ábside con planta rectangular. No exterior os contrafortes son neorrománicos e permiten o peso da bóveda de pedra. Entre un e outro aleiro hai dispostos 28 canzorros que coas súas figuras poñen un ribete de gracia, e nos que destaca a cabeza dun monstruo. As raíces deste monumento atópanse no tránsito do século XII e XIII. A primitiva obra foi reformada e ampliada no ano 1708 según consta no vano das arquivoltas do pórtico. Antigamente foi un priorato de monxes bernardos do Monasterio de Sobrado. A casa e a capela foron lugar de recaudación de rentas.-Románica S XII.
- Capela da Nosa Señora de ExiptoA súa orixe é o achádego dunha virxe negra que atopou un mariñeiro fai anos na praia. esa virxe está agora na Capela., no núcleo de Exipto.
- Capela á Virxe do Carme, en Chazo.
- Pazo dos TorradoConsérvase en moi bo estado e tras a súa grosa muralla obsérvase o hórreo a través dos nogais, laureis e castaños que abundan por toda a finca..
- Pazo de A AnteDe mediados do século XVIII atópase en pésimo estado de conservación e foi cedido recentemente para facilita-la súa recuperación..
- Capela de San Martín.
- Pazo de AgüeirosCaserío metade campesiño e metade mariñeiro situado en Cespón, preto da praia. Destaca nel unha fonte con dous caños de estilo barroco no xardín, e dous leóns sedentes aguantando un escudo que parece ser da fábrica medieval ubicada no malecón..
-Casas Solariegas -con Heráldicas-, en Quintáns.
- Casas "asoportaladas"Únicos restos deste tipo de edificación no Municipio. É unha construcción urbana de altísimo valor formada por dúas casas con rústicos arcos de medio punto sobre columnas cadradas en pedra e sinxelo capitel. de Abanqueiro
- Pazo de Pijuán.
Costumes:
Maioritariamente vívese do marisqueo, a cultura mariña (conservas, o mexilón) está moi arraigada. De feito, a fábrica Jealsa-Rianxeira S.A. está ubicada no porto de Bodión de Abanqueiro.
Festas:
Romería á Nosa Señora de EXIPTO -1º Domingo de Agosto.
|
|
|
|
|
|
|
| ||



Abanqueiro













